Esta tarde levamos a cabo, co indispensábel apoio de El Octavo Historiador, o noso torneo sobre o videoxogo 0 A.D. O noso gañador foi Diego González, seguido por Miguel Ángel; tras varias rondas intensas, a tarde deixounos momentos divertidos, amenos e con moi poucas ganas de que rematase a tarde. Mostrar tamén o noso agradecemento á tenda de xogos XOG-ON pola súa participación.
Aquí podedes consultar as imaxes da tarde; como xa sabedes, mañá ás 16:00, no Salón de Graos do Edificio de Ciencias da Educación, comezarán as poñencias das V Xornadas de Cando Marío coñeceu a Clío.
Máis info en: dafho@uvigo.es e DAFHO (Facebook).
No hay comentarios:
Publicar un comentario